martes, 1 de marzo de 2016

OS RESULTADOS DA FIN DE SEMANA


Ola amiguiños de internet, xa  pasou algún  tempo dende que subín o meu primeiro blog. Bueno hoxe teño os resultados de fútbol da fin de semana , ímos  ao lío :

O Deportivo da Coruña perdeu contra o Granada 0-1 , unha pena ,porque xa leva dez xornadas sen gañar, este é o peor momento da temporada porque xa suman doce partidos seguidos sen ningunha vitoria. No partido do Domingo , o entrenador tardou en facer os cambios e os aficionados non entenderon por que elixeu aos xogadores que elixeu .

En canto ao equipo de Lugo perderon contra o Zaragoza 3-1, despois de catro meses sen derrotas .A expulsión de Seoane foi moi perxudicial para o Lugo.

En canto ao Real Madrid esta fin de semana foi derrotado polo Atlético de Madrid 0-1, un duro golpe para os aficionados coma min  que piden e desexan un cambio  na dirección e na Presidencia do equipo. A xente non está contenta con  FlorentinoPérez, e él parece que non se decata diso. Todos facemos as mesmas preguntas : ¿ Por qué Florentino non deixa a presidencia do Real Madrid ?  ¿ Por qué non é capaz de ceder a dirección deportiva ? ¿  E por qué cambia de entrenador con tanta frecuencia? . E as respostas moi ben poden ser que Florentino cre que sabe de todo e sentese superior. Eu como aficionado do Madrid  que son, desexo que a cousa vaia mellorando, e que volva a ser o equipo que era.

O Barça que xogou esta fin de semana fronte ao Sevilla, fíxose coa vitoria 2- 1, aínda que o conxunto andaluz  opuxo resistencia e buscou o empate ata o final. O gol do Sevilla descolocou  ao Barça , pero á media hora marcou o gol  Messi. Despois do partido Luis Enrique declarou que o Sevilla tiña calidade e atrevemento e fixera un  moi bo partido.

Por hoxe voume despedir, ata outro día con máis novos resultados dos partidos que se vaian celebrando. Un saudiño e ata pronto.

No hay comentarios: