lunes, 7 de marzo de 2016

OS RESULTADOS DE FÚTBOL


Boas amiguiños ,xa estou por aquí outra vez con novas dalgúns  partidos que se disputaron estes días.

Para comezar, teño que dicir como bó aficionado que son do Real Madrid, que estou moi orgulloso polos resultados que tivo o meu equipo, e sobre todo, de Cristiano Ronaldo que é o meu xogador favorito e  liderou con catro goles ao  Celta de Vigo, aínda que, o resultado final foi un 7-1 a favor do Madrid. Ninguén  podía pensar que o resultado final sería ese, porque durante a primeira metade o Celta fixo un bó partido , e marcou un gol, pero na segunda metade non foi así, e o Madrid aproveitou os momentos baixos do Celta para comezar a marcar goles, catro deles só  de Cristiano .

Tamén estou satisfeito polo resultado que tivo o equípo de Las Palmas fronte ao Villareal ( será porque eu nacín  nas Palmas e sinto  un cariño especial por todo o de alí ). O Villareal xa levaba catorce partidos sen perder na Liga e sufriu unha derrota cando  menos o esperaba ante o U.D Las Palmas , que fixo un bó  traballo defensivo e de control, e no que á media hora do partido  marcaba un gol David García.

É por último, no partido que se disputou entre o  Getafe  e o Sevilla o resultado foi de empate para os dous equipos ,cun 1-1 ,unha boa nova para o equipo madrileño,que foi incapaz de gañar na casa durante esta tempada.

No hay comentarios: