jueves, 31 de marzo de 2016

CLÁSICO E DERBI


Boas amiguiños, por aquí andamos para contar novas sobre os partidos que se van xogar esta fin de semana: O sábado ás 20:30, desputase o clásico Barça- Madrid, e ás 22:00horas o Celta – Deportivo da Coruña.

Por suposto, nin que dicir ten, que eu quero que gañe o  Madrid e o Deportivo , aínda que as cousas están un pouco difíciles para os  dous equipos .

O Barça leva unha boa tempada  e nin sequera a lesión de Messi que o tuvo fora de xogo durante dous meses debilitou as vitorias do equipo. Non só anotan tantos, senon que entre os xogadores combinanse para atopar o que está mellor situado cara o gol.

Pola contra, o Madrid non está pasando polo seu mellor momento, debido en parte á cantidade de lesións que houbo no conxunto blanco. Pero de seguro que os dous equipos tratarán de facer o partido mais emocionante posible, para que a xente disfrute ( eso espero, por suposto coa vitoria do meu equipo, o Madrid).

En canto ao Celta, confía en sumar os tres puntos da liga para conseguir a quinta ou sexta plaza, pero un derbi é impredecible, nunca se sabe, é un partido bonito para Galicia.

O Deportivo, considera que este ano non se lles está dando ben, aínda que van con toda a ilusión e ganas de conseguir os tres puntos para lograr a súa salvación.

Para os aficionados ao fútbol coma mín, esta fin de semana van poder disfrutar destes dous partidos emocionantes e con moitos nervios.

Bueno futboleros eu despídome xa, desexando que gañe o mellor. Un saúdo.