martes, 19 de abril de 2016

OS RESULTADOS DA FIN DE SEMANA


Bueno amigos xa estou por aquí  de novo . Hoxe vos vou contar as novas do fútbol.  Onte xogou o Getafe contra o Madrid  e adiviñades o que pasou,que gañou o Madrid 5-0. Parece que por fín o Madrid remontou . Un triunfo que ademáis de tres puntos permítelle estar na segunda posición da clasificación, a tan só  un punto do Barcelona, o que fai que esteñan máis tranquilos, aínda que o mércores xa teñen outro partido co Villareal, un rival difícil co que terán que loitar.

O Barcelona está tendo un mes difícil, polo que xa perdeu a posibilidade de ser o primeiro equipo na liga de campeons en repetir o título Europeo dous anos consecutivos. Aínda lle quedan sete partidos para rematar a tempada, pero despois  da súa derrota fronte ao Valencia (1-2)  a liga complicaselle aínda máis .

O Atlético de Madrid xogou fronte ao Granada, e o partido rematou coa vitoria do Atlético (3-0), unha boa noticia para o equipo , no que tamén foi moi importante a volta de Fernando Torres que voltou a  alineación inicial tras a súa sanción na liga de campeons fronte ao Barcelona .Ambos equipos están moi distanciados na táboa, 73 puntos madrileños e 30 granadinos. O Granada neste partido xogábase algo moi importante, a súa supervivencia.

O noso querido equipo galego, o Deportivo xogou có Sevilla, e o resultado foi un empate (1-1).

E con isto xa remato amigos, ata outra nova ocasión. Un saúdo.