lunes, 16 de mayo de 2016

OS RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA


Boas amigos estamos por aquí de novo para falar dos resultados desta fin de semana que foi moi intrigante xa que dependendo de como fose, os vencedores da liga serían  o Barça ou o Madrid. Finalmente a vitoria foi para o Barça, e aínda que eu son un fiel seguidor do Madrid teño que darlle a noraboa ao Barça.

O Madrid xogou en Riazor fronte ao Deportivo e optivo a vitoria. Cristiano Ronaldo foi o encargado de meter os dous goles, que poido chegar ao descanso con outros dous máis pero un remate foi ao poste e outro ao largueiro. Foi un partido marcado para o Depor polos homenaxes e as  despedidas. Riazor no descanso dou un bonito homenaxe a Arsenio Iglesias no cierre da tempada ligueira. Tamén Pletikosa foi manteado polos seus compañeiros ao rematar o partido coincidindo co día da súa retirada.

O Barça xogou fronte ao Granada facendose coa vitoria e sendo campeons da Liga. O encargado foi Luis Suárez quen meteu tres goles e permitiulle conseguir así a súa segunda bota de ouro con 40 goles, xa que nesta tempada Messi non poido loitar polo Pichichi e a bota de ouro pola baixa que tivo pola lesión na rodilla. O Barça con esta xa ten seis Ligas na última década.

Eu como  madridista tiven  ata o útimo momento a esperanza de que o meu equipo gañase a Liga, pero esta vez non poido ser. Espero que as cousas melloren,e aínda así eu sempre confiarei neles.

Bueno amigos xa me despido ata outro día e con outras novas. Un saúdo