martes, 24 de mayo de 2016

COPA DO REI


Hola amigos futboleiros xa estou por aquí de novo para falar do que aconteceu esta fin de semana e dos resultados dos partidos.

O Barça fíxose coa vitoria fronte ao Sevilla, un partido moi esperado por todos e que lle permitiu ao Barcelona gañar a Copa do Rei, un trofeo co que suma xa 28 títulos. O Sevilla loitaba  por buscar a gloria con intentos lexanos  pero ao final non poido ser, aínda que o Barça xogou estivo con dez xogadores durante case unha hora e iso sempre se nota, cando eran once o partido estaba igualado, pero cando se quedaron con dez e o  Sevilla tiña o balón non soupo que facer. Así chegou a derrota para o Sevilla cun 2-0 no Vicente Calderón. Esta foi unha boa tempada para o Barça que gañou a Supercopa de Europa, o Mundial de Clubes, a Liga, e agora a Copa do Rei.

Darlle a noraboa aos seguidores do Barça, aínda que os aficionados ao Madrid coma mín estamos tristes por non haber pasado para xogar a Copa do Rei , esperamos que mellore a cousa. Bueno esperemos que gañe a Champions League esta fin de semana fronte ao Atlético de Madrid.

Bueno amigos voltarei pronto con novas do resultado do partido Real Madrid vs Atlético de Madrid.