lunes, 30 de mayo de 2016

VITORIA DA CHAMPIONS DO REAL MADRID


Boas amigos, hoxe estou especialmente contento pola vitoria do meu equipo o Real Madrid que gañou a undécima copa e foi grazas a Cristiano Ronaldo, que marcou o penalti decisivo despois do fallo de Juanfran , aínda que pasou desapercibido durante todo o partido. Neste partido houbo o que se esperaba: emoción, pero tamén precaución medo e tensión para os dous equipos.

O Atlético de Madrid loitou ata o final, aínda que tivo que enfrontarse a equipos fortes coma o Bayern ou o Barcelona.

O Real Madrid chegou á final de Milan despois de gañarlle aos equipos a Roma, Wolfburgo e Manchester City. Sufreu fronte aos Alemanes e gañou cun único gol nos dous partidos fronte ao Manchester City.

O entrenador do Madrid Zinedine Zidane mostrouse moi contento e orgulloso polo traballo en equipo e polo esforzo  para conseguir a vitoria que ata o último momento non se sabía o que ía pasar.

 Eu cando estaba vendo o partido estaba desexando que  gañara.Cando o xogador do Atlético marcou estaba pensando que a Copa xa non a gañabamos e me vin abaixo, sobre todo cando vía que pasaban os minutos e non ocorría nada, tendo que esperar ata a prórroga e seguía igual, así que eu empezábame a poñer nervioso pero chegou o momento dos penaltis, e fallou o Atlético e marcou o Madrid, entón nese momento eramos campeons da Champions League por undécima vez e xa me vin arriba, e case non puiden dormir coa emoción.

Pois amigos xa me despido coa alegría da vitoria. Un saúdo.